Como adestradores destas categorías Rubén Sueiro e Brais Boutureira destacaron a formidable actuación dos seus pupilos. O club agradeceu aos pais e a dous compañeiros da grande Obra de Atocha que foron fundamentais para conseguir este éxito. Por certo algúns deportistas alcanzaron a cifra de 10 combates. O evento que tivo lugar en Ferrol é preparatorio para o Campionato Provincial Escolar que se celebrará o domingo 29 de marzo de Cambre no polideportivo Sofía Toro.