Saturday 16 de November de 2024

Esgotado o Bono PRESCO Comercio


Os cidadáns poderán seguir empregando os bonos Cultura, Hostalería, Estética e Taxi ata o 31 de decembro

O Bono PRESCO destinado a Comercio chegou esta mañá ao seu fin ao acadarse os 400.000 euros en descontos, o total de orzamento destinado a este fin. O incremento de vendas rexistrado esta semana co gallo do Black Friday deu pulo a utilización deste bono.
O Bono Comercio, en funcionamento dende o 15 de setembro, impulsou vendas no comercio local da cidade por valor de 1,8 millóns de euros. Preto dunha vintena de establecementos superaron os 4.000 euros de descontos con bonos.

Os cidadáns e cidadás que teñan os bonos descargados poderán seguir empregando os bonos Cultura, Hostalería, Estética e Taxi ata o 31 de decembro.