Friday 22 de November de 2024

Programación Cultural de outono con a Fransy González e Davide Salvado en concerto no Salón de Actos Culturais de Laxe


Este sábado 27, dentro da programación Cultural de outono estarán Fransy González e Davide Salvado en concerto no Salón de Actos Culturais de Laxe ás 19:00 horas.

Da unión de dúas longas traxectorias musicais individuais sae á luz este proxecto, cun repertorio de música tradicional pura como os intérpretes o aprendenderon nas aldeas. Fransy e Davide son dúas das principais voces do panorama musical galego, cunha recoñecida traxectroria musical internacional. Voz, pandeireta e pandeiro son os ingredientes principais desta proposta conxunta, na que mostran melodías de sempre sen perder, cada un deles, o seu estilo persoal.