Friday 22 de November de 2024

Concentración 25N en Carral


O Concello de Carral acolleu, esta mañá, unha concentración para amosar o seu rexeitamento ante a violencia de xénero.
Malia que por protocolo covid-19 o evento non puido contar coa participación de todo o alumnado, varios estudantes dos centros de ensinanza realizaron lecturas para conmemorar esta xornada.

No acto estiveron presentes o alcalde, Javier Gestal, membros do goberno local e da corporación municipal, e representantes do CEIP Vicente Otero Valcárcel e do IES de Carral.