Friday 22 de November de 2024

A concellaría de turismo do Concello de Fene organiza un Showcooking con degustación a cargo da recoñecida cociñeira Beatriz Sotelo


Dentro do Programa Fene Vivo Plus, o Concello de Fene impulsa a protección e divulgación do patrimonio pesqueiro, arquitectónico, cultural, a súa cultura Indiana ou de Ultramar, xa que xogan un papel importante na nosa diferenciación e son fundamentais para crear e impulsar un microdestino de calidade e sostible.

Entre as actividades programadas, salienta o Showcooking con Degustación que terá lugar este sábado 27 de novembro na Praza do Alcalde Ramón José Souto González, dirixido pola Beatriz Sotelo, que cociñará en vivo e en directo os produtos de excelencia da nosa ría, en 4 pases abertos ao público (50 persoas por pase, por rigorosa orde de inscrición), con posterior degustación gratuíta.
Tapas con cuncha
• Carneiro, esferificacion de feixoa e sésamo
• Ameixas, fabas e codium
• Berberecho á holandesa, cítricos e ponzu
• Zamburiñas con escabeche de verzas
Tapas sen cuncha
• Empanadillas xaponesa de chocos en tinta e caldo dashi
• Arroz cremoso de lumbrigante
• Salpicón de centola
• Empanada aberta de polbo