Friday 22 de November de 2024

O Concello acometerá nos vindeiros días traballos de mellora do firme en varias rúa da cidade


Aproveitando o bo tempo que se esperan para os vindeiros días, o Concello vai levar a cabo traballos de asfaltado e mellora do firme nos seguintes viais da zona urbana da cidade: rúa Xeneral Pardiñas, Doutor Teixeiro, rúa Lisboa e no eixo Rosalía de Castro-Santa Marta de Arriba-Choupana-Volta do Castro. Os traballos afectarán ao tráfico de forma transitoria e realizarase en horario diurno porque as baixas temperaturas que se prevén alcanzar pola noite non permitirían que o firme solidificase ben.

O xoves 5 comezarase a traballar na rúa Xeneral Pardiñas, que se pechará ao tráfico a partir das 9.00 horas e durante todo o día. Quedará prohibido tamén o estacionamento.

O venres 6 será o turno da rúa Doutor Teixeiro, pola que tampouco se poderá circular en toda a xornada. Así mesmo, estará prohibido estacionar en ambas marxes desde primeira hora do venres e no primeiro tramo (Montero Ríos-República do Salvador) xa desde o xoves pola tarde (a partir das 16.00 horas).

A rúa Lisboa asfaltarse o luns 9. Neste caso sempre haberá un carril en funcionamento durante o tempo que duren os traballos. Tampouco se permitirá estacionar.

O martes día 10 realizarase a mellora do firme na Choupana, pero permitindo sempre o paso alternativo de vehículos. As obras afectarán ao tramo que vai desde a rotonda do Hotel Peregrino ata a rotonda de Volta do Castro.

TRANSPORTE URBANO

Xoves 5: Xeneral Pardiñas

Os autobuses das liñas 5, 15, C11 e P6 que pasan pola rúa Xeneral Pardiñas, verán modificado o seu percorrido utilizando as rúas república Arxentina, Hórreo e Praza de Galicia (os autobuses xirarán na praza de Galicia para facer a parada habitual). En definitiva as paradas que quedarán sen servizo serán as dúas paradas de Xeneral Pardiñas. Esta situación estenderase ao longo de todo o día e no caso que a realización das obras o permitan recuperarase o percorrido habitual, informando aos usuarios a través das redes sociais, carteis e paneis electrónicos das paradas anuladas. No tocante á liña 13, esta rematará o seu percorrido na Praza de Galicia.

Venres 6; Doutor Teixeiro

Os autobuses da liña 5 farán a parada da praza de Galicia para posteriormente seguir o seu percorrido a través das rúas Xoan Carlos I, Rosalía de Castro, Praza de Vigo, Santiago del Estero, Praza Roxa e Frei Rosendo Salvado, seguindo a partir deste punto co seu percorrido habitual. Quedará anulada a parada da rúa República do Salvador.
No caso das liñas 6, 12, 15, C5, P3 e P6, tras facer a parada da praza de Galicia, utilizarán as rúas Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, Avda. de Vilagarcía, República Arxentina, rúa da Rosa e percorrido habitual.
No tocante á liña 13 esta rematará o seu percorrido na Praza de Galicia.
A liña C11, mentres permaneza aberta ao tráfico a rúa República do Salvador realizará a parada de Xeneral Pardiñas nº 7. No momento en que quede cortado o acceso a Doutor Teixeiro, a liña desviarase polo Hórreo ata a Praza de Galicia, quedando suprimidas as dúas paradas de Xeneral Pardiñas para esta liña ao igual que o día anterior.

Luns 9 e martes 10: rúa Lisboa e rúa da Choupana

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.