Friday 22 de November de 2024

O Concello dá continuidade á súa campaña ‘Implícache, son as túas veciñas’ para concienciar contra a violencia machista


• Con motivo do 25 N, o Consistorio incorpora este ano tres novos carteis á iniciativa coa que pretende transmitir a importancia de crear unha rede de apoio para a vítima.

• A exposición da campaña poderá visitarse ata o 30 de novembro no claustro do Concello.

• “ Non podemos mirar cara outro lado, debemos apoiar ás mulleres que a sofren, dedicando todos vos recursos posibles e creando políticas que fomenten a igualdade co obxectivo de eliminar esta secuela dunha vez por todas”, expresou a concelleira de Igualdade, María Lamelas.

O Concello de Ortigueira, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) do municipio, conciencia e sensibiliza contra a violencia de xénero a través da campaña ‘Implícache, son as túas veciñas’. Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o equipo de goberno local dá continuidade á iniciativa do ano pasado e busca implicar a todas as persoas na loita contra a violencia de xénero.

“ Non podemos mirar cara outro lado, debemos apoiar ás mulleres que a sofren, dedicando todos vos recursos posibles e creando políticas que fomenten a igualdade co obxectivo de eliminar esta secuela dunha vez por todas”, expresou a concelleira de Igualdade, María Lamelas. Con esta peza desde o Concello buscan transmitir a importancia de crear unha rede de apoio para a vítima e unha barreira fronte ao maltratador.

A iniciativa conta este añ con tres novos carteis e forma parte da programación proposta polo Consistorio con motivo do 25 N e conta cunha exposición de carteis no claustro do Concello que poderá visitarse ata o 30 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 h.