Andaina Pro Saúde Mental en colaboración co Concello de Ordes continúa co desenvolvemento de actividades formativas para os seus usuarios e usuarias. Dende esta semana están a ter lugar as clases de informática, nas que se impartirán coñecementos de ofimática a nivel usuario, así como aspectos relacionados con Internet ou as redes sociais. Unha iniciativa que terá continuidade ao longo dos vindeiros meses na aula de informática situada na casa da cultura. Con todo isto preténdese aumentar a autonomía, o desenvolvemento e a autoestima de todos os asistentes.