Friday 22 de November de 2024

Información cultural Concello de Carral


NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Os Ratos de Lonxedetodo (Trinketrinke Teatro) volven á Biblioteca este xoves cun novo contacontos para formentar a lectura entre os máis pequenos (de 4 a 8 anos). O conto desta semana titúlase ‘Asociación de Animais Solidarios’.

Como é habitual neste programa, a sesión terá lugar ás 18:00 h. e é necesario reservar os convites no teléfono 981 672 580.

O CICLO DE TEATRO OFRECE ESTE SÁBADO “A COMPAÑEIRA DE PISO”

‘A compañeira de piso’ da compañía Contraproducións é a función que ofrece esta semana o ciclo Teatro de Outono de Carral.

Sinopse: Sharon (Patricia Vaìzquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a suìa casa no corazoìn do rural de Iowa. Sharon procura algueìn coma ela, unha companÞeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podiìan ser maìis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estranÞo (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a suìa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

A obra, incluída na Rede Cultural que promove a Deputación da Coruña, terá lugar no Local Xente Nova de Tabeaio o sábado ás 20:30 h. É necesario reservar previamente as entradas no teléfono 981 672 580.