Friday 22 de November de 2024

O concello emprende o acondicionamento da travesía de Insuabela en Aguiño


O Concello de Riveira esta a realizar esta semana unha nova actuación de mellora consistente no acondicionamento da travesía de Insuabela na parroquia de Aguiño.

Trátase dunha demanda veciñal, cuxa execución foi adxudicada á empresa Jenaro Construcciones. O importe da actuación ascende a 5.991 euros.

O proxecto da actuación comprende a demolición das soleiras de formigón, a explanación, refino e nivelación dos terreos e a estensión dunha soleira con formigón de 10 metros cadrados de espesor, sobre unha superficie de 220 metros cadrados.