— Coincidindo coa véspera do Día dos Músicos, resólvese a convocatoria na que se destinan 165.000€ a asociacións e fundacións
— A cidade de Vigo é a máis beneficiada nesta convocatoria, con cinco axudas
Coincidindo coa véspera do Día dos Músicos, a Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro, da que resultan beneficiarias 31 entidades, que prestan servizo a case 5.000 alumnos.
O orzamento total ascende a 165.000€, a mesma cantidade ca o ano anterior e a cidade de Vigo é a máis beneficiada nesta convocatoria, con cinco entidades.
O obxectivo destas subvencións é potenciar o funcionamento dos centros dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que imparten ensinanzas de música non regradas e prestar apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas por parte destas entidades que teñen entre os seus fins a formación musical.
Estas escolas, que contan cunha crecente demanda, abarcan, como oferta básica, os ámbitos de ensino de música e movemento, práctica instrumental, formación musical complementaria á práctica instrumental, e actividades de conxunto. Neste sentido, cómpre sinalar que as escolas de música dedícanse á formación de afeccionados e á preparación das probas de acceso aos estudos conducentes á titulación daquelas persoas que teñan vocación e aptitudes para a música.
CONCELLO | ESCOLA DE MÚSICA | NÚMERO
DE ALUMNADO |
IMPORTE |
Agolada | EMUSPR de Agolada | 107 | 3.608,95€ |
Antas de Ulla | EMUSPR de Antas de Ulla | 84 | 2.833,20€ |
Barro | EMUSPR de Barro | 41 | 1.382,87€ |
Cambre | EMUSPR Sementeira de Cambre | 185 | 6.239,78€ |
Celanova | EMUSPR EMBC | 143 | 4.823,18€ |
Chantada | EMUSPR Casa da Música de Chantada | 212 | 7.150,45€ |
Coruña, A | EMUSPR Compañía de María | 219 | 7.386,55€ |
Gondomar | EMUSPR Agrupación Musical de Vincios | 143 | 4.823,18€ |
Lalín | EMUSPR Banda de Lalín | 136 | 4.587,08€ |
Lalín | EMUSPR Escola de Música de Vilatuxe | 109 | 3.676,41€ |
Mos | EMUSPR de Mos | 402 | 13.558,87€ |
Neves, As | EMUSPR Popular de Rubiós | 84 | 2.833,20€ |
Ponteareas | EMUSPR de Xinzo | 207 | 6.981,81€ |
Pontevedra | EMUSPR A Tempo | 130 | 4.384,71€ |
Pontevedra | EMUSPR de Salcedo | 167 | 5.632,66€ |
Redondela | EMUSPR de Chapela | 199 | 6.711,98€ |
Rianxo | EMUSPR de Rianxo | 213 | 7.184,18€ |
Ribadavia | EMUSPR Mestre Veneroni | 93 | 3.136,75€ |
Rosal, O | EMUSPR Agrupación Musical do Rosal | 215 | 7.251,63€ |
Salceda de Caselas | EMUSPR Asociación Amigos da Música | 204 | 6.880,62€ |
Santiso | EMUSPR de Visantoña | 69 | 2.327,27€ |
Soutomaior | EMUSPR Artística de Arcade | 130 | 4.384,71€ |
Teo | EMUSPR de Calo-Teo | 35 | 1.180,50€ |
Vigo | EMUSPR Atlántida | 260 | 8.769,42€ |
Vigo | EMUSPR de Beade | 152 | 5.126,74€ |
Vigo | EMUSPR Unión Musical de Coruxo | 109 | 3.676,41€ |
Vigo | EMUSPR de Valadares | 152 | 5.126,74€ |
Vigo | EMUSPR Escola de Música Ateneo Musical de Bembrive | 164 | 5.531,48€ |
Vilaboa | EMUSPR de Vilaboa | 179 | 6.037,41€ |
Vilanova de Arousa | EMUSPR de Vilanova | 151 | 5.093,01€ |
Xinzo de Limia | EMUSPR da Limia | 198 | 6.678,25€ |