O Concello de Riveira informa de que operarios da empresa Nemesio Ordóñez están procedendo á renovación do pavimento da rúa Cobasa en Aguiño.
Esta acción incardínase nunha actuación para renovar o asfaltado de seis vías (catro en Riveira, unha en Carreira e a mencionada en Aguiño), cuxo firme estaba deteriorado.
Neste senso, xa foi pavimentada a rúa que descorre paralelo ao CEIP Frións (Carreira), mañá actuarase na rúa Abesadas (Riveira) e proximamente noutras tres vías da cidade: Mendiño, Sorribas e Lugo.
O importe global desta acción ascende a 76.306,92 euros.