FULANO, MENGANO e CITANO: “O QUE HAI QUE VER!!”
Sábado 20 de novembro, no Auditorio Municipal, a partir das 19.30 horas.
Entrada de balde. Pódese recoller o convite no LOCAL SOCIAL da CASA DO CONCELLO (Avda. da Paz, 2 – 981 420 206).
Sinopse:
Porque “non hai desgraza sen negocio nin mal que non beneficie a outro”, aquí está “O que hai que ver!!”, onde cousas veredes que non creredes.
Unha montaxe que, cunha moderada retranca, nos fará rir de nós e dos outros, do propio e do alleo, do ben e do mal, e é que ao final -como di unha canción do espectáculo-, “o yin e o yang, a man se dan”.
As historias que contamos, non son moi diferentes das que nos toca vivir, senón un reflexo da nosa contorna, de feitos cercanos e identificables. Iso si: contado e cantado dun xeito moi especial.
Para ben ou para mal, vivimos nunha época de acontecementos abraiantes, crises continuas, nun mundo tolo, onde está tolo ata o clima.
Con “O que hai que ver!!”, Fulano Mengano e Citano tenta achegar o seu grao positivo e pórlle un algo de humor á vida, cun teatro en clave de comedia que nos surte de alegría, que nos anima a pensar, pero cun sorriso, ese xesto máxico que, sen dubida, boa falta fai neste tempo contra corrente que nos tocou vivir.
Alegría, humor, historias sorprendentes, teatro sen trucos e canción ao vivo, máis vivo que nunca: