Saturday 16 de November de 2024

O Concello da Coruña colabora coa Cruz Vermella en actividades para achegar as últimas tecnoloxías ás persoas maiores


O proxecto ‘Enredando’ desenvolverase en oito barrios da cidade ata o 30 de decembro cunha unidade móbil que conta con materiais de última xeración

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acudiu esta mañá á presentación do proxecto ‘Enredando’, que organiza Cruz Vermella Galicia en colaboración co Concello. O seu obxectivo é reducir a fenda dixital e achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores. No acto, celebrado na entrada do centro cívico de Os Mallos, estiveron tamén presentes a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira; a presidenta provincial de Cruz Vermella, Mercedes Casanova; e a coordinadora provincial de Cruz Vermella, Carmen Reigía.

Esta iniciativa busca a capacitación dixital que evite procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros. Entre este xoves 18 de novembro e o 30 de decembro, un total de oitobarrios da cidade serán os escenarios nos que se desenvolverá esta actividade que aposta por apoiar ás persoas maiores e sensibilizalas no uso das tecnoloxías, así como axudalas a derrubar os temores e inseguridades que poidan ter respecto diso.

Na visita desta mañá, que coincidiu coa celebración do primeiro dos cursos, os
técnicos de Cruz Vermella explicaron en detalle o funcionamento destes obradoiros.

O Concello da Coruña, con esta iniciativa, busca a mellora da calidade de vida das persoas maiores. Esta acción conta cunha aula móbil na que se ofertan os contidos formativosvinculados ás novas tecnoloxías. Esta furgoneta está equipada con todos os materiais
necesarios, como smartphones, portátiles, tablets, altofalantes intelixentes e todo tipo de accesorios para facilitar ese achegamento á realidade tecnolóxica máis doméstica e presente no día a día das persoas.

Contidos formativos

As persoas participantes poderán traballar nalgún dos seguintes contidos:
● Internet: Que é internet? Para que nos serve? Como podo buscar e como o
fago? Correo electrónico e outras formas de comunicarnos.
● WhatsApp: Como instalar WhatsApp no teléfono? Uso de WhatsApp.
● Páxinas web de interese: SERGAS. Banca electrónica. Compras online.
Neste espazo formativo darase o apoio dixital necesario e permitirase manter un
asesoramento continuado cos profesionais para preguntar dúbidas ou consultas.

Calendario
Barrio dos Mallos:
● 18 de novembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00 h): Centro Cívico.
● 19 de novembro (10:00-14:00 h): Porta do Centro de Saúde.
Agra Orzán:
● 24 e 25 de novembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00 h): Mercado Praza
Conchiñas.
● 26 de novembro (10:00-14:00 h): Mercado Praza Conchiñas.
Nota de Prensa
3
Elviña-Eirís:
● 01 e 02 de decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00 h): Porta Mercado de
Elviña.
● 03 de decembro (10:00-14:00 h): Praza de Pablo Iglesias.
Monte Alto:
● 09 de decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00 h): Campo da Leña.
● 10 de decembro (10:00-14:00 h): Mercado de Monte Alto.
Cidade Vella:
● 16 de decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00 h): Obelisco.
● 17 de decembro (10:00-14:00 h): Obelisco.
Catro Camiños:
● 22 de decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00 h): Praza da Cubela.
● 23 de decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00 h): Rúa Gaiteira.
Riazor:
● 29 de decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00 h): Praza de Lugo.
● 30 de decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00 h): Praza de Pontevedra.
As persoas maiores interesadas en participar nesta actividade poden achegarse ás
zonas nas que estará disposta a aula móbil, segundo o calendario anterior.