· A actividade, organizado con motivo do día para a eliminación da violencia contra as mulleres, terá lugar o sábado 27 de novembro.
· O prazo para anotarse finaliza o 24 de novembro.
O Concello de Cariño, co motivo do día para a eliminación da violencia contra as mulleres, propón un taller práctico sobre defensa persoal feminina coa colaboración de GrapplingSportFigh que terá lugar o sábado 27 de novembro no polideportivo municipal de 11.00 a 13:30 horas.
Neste obradoiro traballarase tanto a prevención de posibles encontros cun desenlace potencialmente violento como a actuación e a resolución destas situacións. O obxectivo principal é axudar á muller para superar os posibles bloqueos que poden xurdir ao enfrontar este tipo de situacións; reforzar a súa autoestima, valía e propio recoñecemento, dotándoa á vez de poder e medios para actuar, enfrontarse e, de ser o caso, saír indemne.
Para participar será preciso inscribirse a través do 981420059 ou enviando un correo electrónico á educacionfamiliar@concellodecarino.gal antes do 24 de novembro.