O Concello da Coruña completa a iniciativa A Casa dos Xoguetes da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) con actividades para as crianzas, que se celebrarán do 3 ao 26 de decembro. Así o anunciou a concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Cabanas, que visitou as instalacións do número 9 de Mestre Mateo.
Nesta dirección as persoas que o desexen poden entregar xoguetes en bo estado de conservación. A OMIC pon en marcha esta iniciativa para fomentar o consumo consciente e responsable e para darlle una nova vida a aqueles obxectos sen uso. A campaña está xa en marcha e rematará o 5 de xaneiro.
A campaña ten como fin contribuír a fomentar un consumo responsable entre a cidadanía, alongando a vida útil dos obxectos dun xeito solidario e desinteresado que axuda tamén a reducir o volume de residuos xerados na cidade, evitando que acaben desbotándose obxectos que poden ser de valiosa utilidade para outra persoas.
Para complementar a iniciativa, anunciáronse una serie de actividades para crianzas de 6 a 12 anos, que se desenvolverán do 3 ao 26 de decembro, os venres, sábados e domingos. As prazas serán limitadas e a inscrición pódese facer no teléfono 981 903 834. Horarios de recollida e entrega:
-Novembro: De luns a venres de 10:00 a 19:00 horas. Sábados de 10:00 a 14:00 horas.
-Decembro: De luns a sábado de 10:00 a 19:00 horas. Domingos e festivos de 12:00 a 20:00 horas. Os días 24 e 31 de decembro, horario especial de 12:00 a 18:00 horas.
-Xaneiro: Do 2 ao 4 de 10:00 a 19:00 horas. Día 1 de xaneiro de 12:00 a 18:00 horas. Día 5 de xaneiro de 10:00 a 21:00 horas.