Friday 22 de November de 2024

O alumnado de educación infantil do CEIP Flavia participa no taller “Na mestura está a igualdade”, organizado polo Concello de Padrón


O alumnado de educación infantil do CEIP Flavia (Padrón) participou durante a semana pasada no obradoiro “Na mestura está a igualdade”, organizado polo Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, con motivo da conmemoración do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha iniciativa que durante o pasado mes de outubro xa percorrera as escolas infantís de Queiruga, A Ponte e Retén.

Como nesas edicións anteriores, o alumnado do CEIP Flavia, dividido en varias clases, elaborou unha árbore na que estamparon as súas mans violetas amosando que desexan respecto e igualdade para todas as persoas.