Intervén sobre un total de 58.800 metros cadrados
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio, informa de que o Plan RUA actúa ata o próximo martes, 10 de marzo, no barrio de Monte Alto, onde intervirá sobre unha superficie total de 58.800 metros cadrados.
Durante esta intervención no barrio realizaranse distintas actuacións en 45 rúas e prazas da zona da Torre e Orrillamar, no barrio de Monte Alto. Así, entre outras accións, destacan a limpeza de calzadas, rúas e prazas, colectores e rede de sumidoiros;
o mantemento de zonas verdes; ou a reparación de distintas incidencias. Participarán
30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sostibles e ordenados coa colaboración veciñal. En concreto, realizaranse os seguintes traballos:
. Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.
. Limpeza e mantemento de mobiliario urbano.
. Reposición de 8 colectores.
. Limpeza duns 2.600 metros lineais da rede de rede de sumidoiros da zona. Limpeza e mantemento de 140 pozos da rede de rede de sumidoiros e de 160 sumidoiros.
. Mantemento de zonas verdes.
. Mantemento de tres parques infantís.
. 30 actuacións en iluminación pública.
. Mantemento dunha marquesiña e cinco indicadores de dirección.
Ademais, aproveitarase esta actuación para a inspección de vehículos abandonados e para a instalación do punto limpo móbil (hoxe, martes 3 de marzo, no número 1 de Capitán Cristóbal Díaz; mañá, día 4, fronte ao número 1 de Santa Luisa de Marillac; o 5 de marzo, no 40 da rúa Atocha Alta; o día 6, á altura do número 26 deAtocha Baja; o 7 de marzo, fronte ao 73 de Orillamar; e o día 10, xunto ao bloque 3 de Veramar).