Friday 22 de November de 2024

Avelino González pecha este venres o Novembro, mes do humor do Museo do Humor de Fene


Xa esta aberto o prazo de reserva de invitacións para o espectáculo “Contos que foron chistes” que o monologuista e actor Avelino González ofrecerá este venres, 19 de novembro, a partir das 20.00 na Casa da Cultura de Fene. A función encádrase no “Novembro, mes do Humor” que a Concellería de Cultura está a desenvolver ao redor da conmemoración do aniversario do Museo do Humor. O ciclo, que comezou o pasado 5 de novembro con Duarte Galbán e continuou o día 12 con Marita Martínez, pecha esta semana con Avelino González sobre o escenario. A función será con entrada de balde e aforo limitado. Reserva de entradas a través do correo cultura.deportes@fene.gal, por whatsapp 607 625 357 ou no teléfono 981 340 366, indicando o nome e apelidos das persoas que queiran asistir e un teléfono de contacto.

Como presentación de “Contos que foron chistes”, Avelino González salienta que “moitos chistes cos que hoxe rimos son unha adaptación de contos vellos. De curas, ricos, políticos… que hoxe mudaron as formas pero non os contidos niño fondo: RIR. Nomeadamente de quen manda. É algo así como se dixeramos: `se non podes desobedecer, cando menos rir´. Ademáis, os contos, os chistes, non teñen máis fronteira que o sentido do humor de cada un.

Por iso hai contos que se contan moi, moi semellantes en distintos países. É como se a globalización económica chegase despois da globalización do humor. Así hai contos que descoñecemos como moi galegos, que se contan hoxe en día na China ou no Vietnam.

A tradición é unha peneira que non deixa de peneirar, neste caso caso contos. E os que chegaron aos nosos días, chegaron porque son bos, porque teñen sentido, e porque cumpren coa función para a que foron creada pola xente, descoñecida pero con nome, que os creou: Rir e facer rir”.

Avelino González
Actor, contador, monologuista, traductor, etc. En definicitiva… é o que faga falta. Empezou nisto por casualidade e agora memo, gústalle incluso picar entradas. Gústalle entreter á xente con personaxes e historias que emocionen e divirtan porque a él tamén lle gusta que o emocionen.

CINE
Fixo de “César” en Serramoura, antes de “Roque” en Pazo de Familia, para a TVG; e de “Raimundo” na serie “Seis Hermanas” na TVE1.

De Miñato en “Padre Casares” da TVG. Pelis (Heroína), series web (Dalle Jas, Volta ó Rural, Clases de lo Social), series (As Leis de Celavella, Cuéntame, Pratos Combinados, Hospital Central, Mareas Vivas, Piratas).

Calquera pantalla lle vale: A da tele ou a do ordenador ou a do cine ou a do teléfono ou a da tablet.

TEATRO
“Commedia” de Contraproducións, dirixido por Cándido Pazó!
Actúa, dirixe, traduce e leva cafés ós ensaios. Déronlle varios premios en Bicos con Lingua, Commedia, Tarará-Chis-Pum, e o que me lle queda
Ciclo organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña.