Ata o 5 de xaneiro, no número 9 da praza Mestre Mateo, poderanse entregar xoguetes en bo estado, que poderán ser recollidos por outras nenas e nenos
O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), pon un ano máis en marcha a campaña da Casa dos Xoguetes, unha iniciativa pensada para fomentar o consumo consciente e responsable e para darlle unha nova vida a aqueles obxectos en bo estado que non teñen uso.
Ata o vindeiro 5 de xaneiro os interesados poderán entregar xoguetes en bo estado de conservación no local situado no número 9 da praza Mestre Mateo. Os xoguetes que se recollan terán que cumprir coas normativas europeas e destinaranse a nenas e nenos deata 14 anos. Aceptarase un máximo de 10 xoguetes entregado por usuario.
As persoas interesadas en darlle un novo uso a eses obxectos poderán pasar polo mesmo local a retirar aqueles que consideren, ate un máximo tamén de 10 por persoa. A campaña ten como fin contribuír a fomentar un consumo responsable entre a cidadanía, alongando a vida útil dos obxectos dun xeito solidario e desinteresado que axuda tamén a reducir o volume de residuos xerados na cidade, evitando que acaben desbotándose obxectos que poden ser de valiosa utilidade para outra persoas.
Horarios de recollida e entrega:
Novembro:
De luns a venres de 10:00 a 19:00 horas.
Sábados de 10:00 a 14:00 horas.
Decembro:
De luns a sábado de 10:00 a 19:00 horas.
Domingos e festivos de 12:00 a 20:00 horas.
Nota de Prensa
Os días 24 e 31 de decembro, horario especial de 12:00 a 18:00 horas.
Xaneiro:
Do 2 ao 4 de 10:00 a 19:00 horas.
Día 1 de xaneiro de 12:00 a 18:00 horas.
Día 5 de xaneiro de 10:00 a 21:00 horas.