A alcaldesa participou nun percorrido por varios locais participantes nesta iniciativa cuxo obxectivo é amosar á cidadanía o traballo dos artistas locais
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou este sábado nunha nova edición de Estudos Abertos. Trátase dunha xornada de portas abertas nos locais de artistas coa fin de dinamizar as artes plásticas da cidade. O obxectivo e achegar a todas á cidadanía as creacións locais.
Inés Rey reiterou durante a visita a tres dos estudos participantes o compromiso do seu goberno local coa cultura e as artes, ademais de animar aos coruñeses a aproveitar para acudir este sábado a algún dos locais dos artistas da cidade.
De 11.00 a 20.00 horas a entrada a estes espazos de creación será libre. Alí, a cidadanía poderá falar e coñecer mellor ao artista e a súa obra. Nesta edición participan un total de 41 estudios que están repartidos polos diferentes barrios. Ademais de creadores plásticos, tamén haberá espazo para a fotografía, a poesía e outras disciplinas.
Inés Rey acudiu ao estudo de Luisa Valdés, onde estivo tamén invitada a artista Pilar Cancio, en primeiro lugar. Despois se desprazou ata Pla y Cancela, onde ten o seu taller Manuel Suárez, para rematar a visita no Castelo de Santo Antón, onde está o escultor Juan Silva coa súa obra.
De novo os Museos Históricos da Coruña acollen a dous dos artistas participantes nesta convocatoria, que trasladaron o seu lugar de traballo por un día a espazos únicos da cidade como son o Museo do Castelo de Santo Antón e a Casa Museo Casares Quiroga. Trátase do xa mencionado Juan Silva e da pintora Isabel Pintado. Por outra banda, dentro desta iniciativa a pintora Tatiana Medal estará no edificio Normal ata o 7 de xaneiro coa súa exposición Códigos.