Friday 22 de November de 2024

Cariño prepárase para unha nova fin de semana marcada por dúas sesións de teatro


· Mañá, sábado 13 de novembro, o Auditorio Municipal acollerá ás 19:30 horas “Botando a lingua a pastar”, de Cándido Pazó.

· O domingo, 14 de novembro ás 19:00 horas, tamén no Auditorio, será a quenda de “ Camiño de Aventuras”, de Monicreques Cachirulo.

O Concello de Cariño prepárase para unha nova #fin# de semana marcada pola axenda cultural, xa que se celebrarán dúas representacións teatrais. Mañá, sábado 13 de novembro ás 19:30 horas, o Auditorio Municipal acollerá a sesión de “Botando a lingua a pastar”, de Cándido Pazó. Trátase dun espectáculo de narración oral, dunha hora de duración, onde se mesturan contos tradicionais con historias de creación propia, sempre co humor e a empatía oral como mecanismo de conexión directa e viva co público.
Para o domingo, 14 de novembro e ás 19:0 horas, tamén no Auditorio Municipal, será a quenda de “ Camiño de Aventuras”, de Monicreques Cachirulo. Está pensada para público infantil, a partir de 5 anos, onde Xan Laranxal e a bonequiña Kiku presentan esta gran aventura que empezaron hai 500 anos, máis ou menos, cando nalgún lugar do camiño, Gaiferos atopouse co Diaño, quen lle desafiou no xogo da Oca.
Ambos os espectáculos están organizados seguindo o protocolo COVID-19 en base á normativa vixente. É imprescindible acudir con máscara e haberá hidrogel dispoñible para as e os espectadores.