O alcalde Cambre, Manuel Rivas, esixe que de forma inmediata se regule o cruzamento da Rochacon máis medios debido ao alto risco de colisión que hai na intersección despois de que a pasada semana se producise unha vería dos sinais luminosos tras a colisión dun vehículo. Dende Fomento aseguran que levan reparando a avaría dende o pasado día 26 de febreiro, pero aínda non deron coa avaría dos semáforos, que permanecen en ámbar dende o xoves. Rivas asegura que trata dun cruzamento “de extremo risco para os condutores” e que non abonda co aviso do panel luminoso que avisan da avaría dos semáforos. “Os condutores que non se decatan do aviso e que están afeitos a cruzar en ámbar pensan que o poden facer sen ceder o paso e xa se rexistraron varios accidentes que puideron custarlle a vida a algún veciño”. Rivas cre é necesario que Tráfico regule o cruzamento ata que se solucione a avaría ou ben colocar máis sinais advertindo do risco de colisión.
Articulos relacionados
Asinados os convenios de colaboración das subvencións nominativas para as entidades culturais, deportivas, ensino e de promoción económica
octubre 17, 2025 Comments are off 0 visitas
A alcaldesa de Fene e representantes de varias sociedades culturais, deportivas, de ensino e promoción ...
As festas do Nazareno volverán contar cun Espazo Violeta para atender e previr agresións machistas
septiembre 17, 2025 Comments are off 0 visitas
· Esta acción, que xa se puxera en marcha no Carme dos Pincheiros, está encadrada ...
O campus de fútbol que organiza o concello conta con preto de 100 participantes
julio 22, 2026 Comments are off 0 visitas
O alcalde e a concelleira de Deportes visitáronos hoxe nos campos Municipal da Laracha e ...
