· Xa se publicaron no BOP as bases para solicitar estas axudas.
· O prazo finaliza o 28 de novembro.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou as bases da convocatoria de bolsas culturais, educativas e deportivas para o ano 2021 que o Concello de Cariño dotou con 8.000 euros.
Están destinadas ás e os empadroados en Cariño escolarizados en educación infantil (3,4 e 5 anos), educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), e Bacharelato. O obxectivo destas axudas é favorecer a integración sociocultural e garantir as necesidades básicas no ámbito da cultura, a educación e o deporte.
O prazo para solicitar as bolsas finaliza o domingo 28 de novembro e os interesados ou interesadas que desexen recibir máis información poden solicitala no departamento de Servizos Sociais do Concello de Cariño, no teléfono 981405064 ou no correo electrónico servizossociais@concellodecarino.gal.
Achegamos ligazón ás bases https:// bop. dicoruna.es/ bopportal/publicado/2021/11/08/2021_0000007794.pdf