― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta maña o concello de O Pino que recibiu unha axuda de máis de 16.000 euros para a adquisición destes puntos limpos
― O concello recibiu nos últimos anos máis de 351.000 euros para actuacións de melloras ambientais e de infraestruturas no marco das axudas da Vicepresidencia primeira
― A Xunta investiu este ano 11M€ neste fondo que se destinarán a apoiar 256 iniciativas dos concellos galegos e leva investidos desde 2010 máis de 108M€ en máis de 2.300 proxectos
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o concello de O Pino co que a Xunta colaborou na adquisición de dous puntos limpos móbiles grazas ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental.
A Xunta financiou con máis de 16.000 euros para a adquisición destes puntos limpos e segundo explicou a directora xeral, o concello solicitounos pola necesidade de dotar de equipamentos e infraestruturas necesarias no que depositar os residuos contaminantes, que polas súas características, non se poden tirar nos contedores convencionais. Polo que para mellorar a xestión de residuos altamente contaminantes xerados por particulares (fluorescentes, lâmpadas, aceites, aerosoles, latas contaminadas, pilas, baterías cartuchos tinta, etc, de difícil recollida e xestión, mediante a colocación de contedores específicos como son estos puntos limpo móbiles.
Outras iniciativas apoiadas a través destas axudas van dirixidas a evitar a degradación ambiental mediante a contratación de persoal e equipamento para a protección do medio ambiente, así como melloras no saneamento, o abastecemento de auga ou a recollida de lixo e melloras da eficiencia enerxética no alumeado público ou en instalacións municipais. En definitiva, aborda a mellora do funcionamento de servizos municipais destinados á protección do medio ambiente e do espazo natural con medidas orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e á recuperación do medio natural degradado, así como ao impulso da eficiencia enerxética e á utilización sustentable das enerxías renovables
A directora xeral de Administración Local lembrou que o Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha pola Xunta en 2010 para distribuír os ingresos do canon eólico e permitiu ata agora cofinanciar máis de 2.300 proxectos por máis de 108 millóns de euros. Nesta liña, engadiu que estes proxectos teñen un efecto exemplarizante ao contribuír a concienciar á veciñanza da repercusión sobre o medio ambiente das medidas de eficiencia enerxética e de impulso da sustentabilidade ambiental nas administracións públicas, en concreto, nas entidades locais.
No concello de O Pino, o investimento da Administración autonómica supera os 351.000 euros no marco da colaboración coas entidades locais para axudarlles a levar a cabo proxectos vinculados con melloras ambientais ou en infraestruturas destinadas á prestación de servizos municipais.