Máis de sesenta persoas procedentes de toda Galicia participaron hoxe nas XVII Xornadas Micolóxicas, que consistiron nun roteiro guiado polo micólogo Xaime Blanco e na clasificación dos cogumelos apañados. A actividade, organizada polo Concello de Touro, comenzou pasadas ás 10.00 horas no Centro de Interpretación do Río Ulla cunha pequena charla e a posterior saída polos bosques do Concello de Touro. Pola tarde está previsto, en horario de 15.30 a 19.00 horas, a clasificación dos exemplares recollidos e as explicacións do micólogo para axudar a identifilicalos. O día asollado animou esta nova Xornada Micolóxica, que ten moito éxito entre os afeccionados aos cogumelos de toda a comunidade autónoma.