Friday 22 de November de 2024

Os centros de saúde de Camariñas e da Ponte do Porto seguirán contando con pediatra


· Sandra Insua púxose en contacto co xerente do SERGAS, Luis Verde, para trasladarlle a súa inquedanza pola ausencia deste servizo nas últimas semanas.

· O responsable do SERGAS confirmou que o pediatra estaba de baixa e se reincorporará nos próximos días, manténdose o servizo 3 días en Camariñas e 2 na Ponte do Porto.

O SERGAS ven de confirmar que os centros de saúde de Camariñas e da Ponte do Porto seguirán contando con pediatra. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, púxose en contacto co xerente da área sanitaria A Coruña-Cee, Luis Verde, para trasladarlle a súa preocupación e a de todos os veciños e veciñas do municipio ante a ausencia do servizo nas últimas semanas.

O responsable do SERGAS confirmou que o pediatra estaba de baixa e que se reincorporará nos próximos días para reactivar o servizo, que se manterá tal e como estaba con 3 días de funcionamento en Camariñas e 2 na Ponte do Porto.