• O evento será este sábado 6 de novembro de 17:30 a 20:30 horas no Pavillón Polideportivo
Despois da paréntese forzosa do 2020, este sábado reiniciamos en Laxe a que será a décima edición
do magosto con mostra de artesanía, na que tampouco faltará a diversión para os máis pequen@s da casa con inchables e obradoiros realizados a partir dos froitos do outono: castañas e cabazas serán algúns dos elementos a partir dos cales desenvolverán a súa creatividade.
No caso de que queiran levarse unha “cabaza creativa”, cada familia deberá aportar a súa propia cabaza á que poderán engadir diferentes elementos decorativos.
Visitada a exposición artesanal con máis de 10 modalidades confirmadas a data de hoxe, todas as persoas participantes do evento poderán degustar unhas castañas asadas e levar de recordo unha imaxe individual ou grupal tomada no “escenario outonal dos bos recordos” do Magosto e Mostra de Laxe 2021 creado para a ocasión.
O evento terá lugar este sábado 6 de novembro de 17:30 a 20:30 horas no Pavillón Polideportivo, e a xornada desenvolverase seguindo as últimas medidas e recomendacións do protocolo anticovid.