O Goberno galego destinou nos orzamentos desde ano 2021 máis de 600.000 euros a este centro residencial para sufragar os gastos das prazas
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá os usuarios da residencia de persoas maiores Padre Rubinos. A Xunta de Galicia achega a través dos orzamentos deste ano 2021 máis de 600.000 euros para sufragar os gastos das prazas. Alí, o director xeral invitou a todas as entidades que traballan no eido das persoas maiores a apostar por programas adaptados á nova realidade e enfocados no envellecemento activo. Ademais, durante o encontro destacou o enorme labor que realizaron os traballadores e os residentes durante a pandemia.
Gonzalez Abeijón percorreu as instalacións do centro, onde que puido achegarse ás diferentes actividades nas que participan os usuarios, como a terapia ocupacional ou a unidade de memoria e estimulación cognitiva, así como a de animación sociocultural, entre outros. Ademais, tivo oportunidade de coñecer outros programas que se levan a cabo nas instalacións de Padre Rubinos, como a horta terapéutica no invernadoiro ou aqueles enfocados ao envellecemento activo, nos que se traballa física e psiquicamente coas persoas maiores.
A Xunta de Galicia, ademais das achegas nos orzamentos, na liña de axudas do 0,7% do IRPF destinou preto de 80.000 euros durante os anos 2019 e 2020 á elaboración de proxectos de accesibilidade, de modernización da residencia ou de envellecemento activo.