• Este proxecto de novos itinerarios peonís forma parta dá terceira fase do Proxecto Fraga do Xarío.
• A actuación foi financiada con recursos municipais e coas subvencións da Consellería de Medio Ambiente para concellos que pertencen a Reservas da Biosfera.
• A intervención permitiu eliminar especies invasoras e recuperar o antigo camiño que unía os muíños do río Xarío.
A nova senda transcorre paralela ao leito do Río Xarío atravesando os terreos do Campo de Golf, o que permite ampliar o goce desta contorna de gran valor ecolóxico a todos os veciños.
O acceso á nova senda pódese realizar ben a través ao lado Norte de Fraga do Xarío ou desde o Camiño de Santiago á altura da segunda rotonda de Costa Miño.
Este proxecto forma parte do Plan de senllas que desde o Concello está a desenvolverse para conectar parroquias e os lugares de interese turístico. O obxectivo é combinar a protección do medio ambiente coa apertura de pulmóns verdes a veciños e visitantes.
Durante o desenvolvemento dos traballos reapareceron catro antigos muíños de auga, o cal enriquece o patrimonio histórico do municipio. Desde o Concello xa se están estudando novas actuacións que conserven e poñan en valor os bens de arquitectura popular localizados no río.