Saturday 16 de November de 2024

Cándido Pazó nos xardíns municipais de San Sadurniño


IMPORTANTE: a actuación de Cándido Pazó deste sábado ás 20:00h en San Sadurniño será na carpa que se instalará na PISTA MULTIXOGOS DOS XARDÍNS MUNICIPAIS, non na Casa da Cultura como informamos hai uns días.

As entradas -gratuítas- poden reservarse ata o mediodía deste venres chamando ou mandando un whatsapp ao 616 332 919, ou ben no correo agustin.perez@sansadurnino.gal.

O actor e dramaturgo volve a San Sadurniño traéndonos desta vez o espectáculo “Botando a lingua a pastar”. Humor e retranca con contos tirados da tradición oral que el enfía engadíndolles historias creadas ou vividas que, en conxunto, constrúen un convite á reflexión sobre a lingua galega, a súa normalización e o seu incerto futuro.

Recordade que o domingo pola tarde, tamén baixo a carpa da pista multixogos, temos o obradoiro infantil de tallado de cabazas con 30 prazas en dous grupos, un de 16 a 17:00h e outro de 17 a 18:00h., e que ao seu remate actuará Magín Blanco coa proposta familiar “O que levamos nas maletas”. Tamén fai falla reserva no 616 332 919, ou en agustin.perez@sansadurnino.gal.