O Concello de Touro celebrará o próximo vernes, día 5 de novembro, a súa XIII Festa da Castaña. A cita da exaltación dos productos do outono, que coincide coa celebración da tradicional Feira do día 5 nas rúas de Fonte Díaz, ten prevista a degustación gratuita de castañas de 12.00 a 14.00 horas diante da sede do Concello de Touro. A celebración desta actividade adáptase as esixencias marcadas pola pandemia da Covid19. Asimesmo están programadas para o dia seguinte, o sábado 6 de novembro, as XVII Xornadas Micolóxicas, que consistirán nun roteiro guiado polo micólogo Xaime Blanco e a clasificación dos cogumelos apañados, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 19.00 horas. Xa non quedan prazas para facer esta actividade que se desenvolverá no Centro de Interpretación do Río Ulla e nos bosques do Concello de Touro.
Articulos relacionados
O Concello de Padrón leva a cabo no colexio de Queiruga o taller “Na mestura está a igualdade”, primeira actividade da campaña do 25N
octubre 8, 2021 Comments are off 0 visitas
A próxima terá lugar o 15 de outubro na unitaria da Ponte O Concello de ...
O Concello de Ribeira remata o acondicionamento do acceso ao punto limpo co pintado da sinalización viaria
noviembre 17, 2025 Comments are off 0 visitas
As obras comportaron un investimento de preto de 100.000 euros A actuación de mellora ...
Aberto o prazo de reserva de entradas para o espectáculo “Circo de lume” de Asacocirco
septiembre 15, 2020 Comments are off 52 visitas
A Concellería de Cultura informa de que xa se poden adquirir a través da páxina ...
