Friday 22 de November de 2024

O Pleno municipal rexeita as propostas do Partido Popular en materia de seguridade cidadá


Juan Ignacio Borrego destaca o descenso da accións delictivas comparadas co 2014, segundo datos do Ministerio de Interior

O Concello xa ten reforzado a seguridade nos barrios en coordinación coa Policía Nacional

O Pleno municipal da Coruña rexeitou esta mañá as propostas do grupo do Partido Popular en materia de seguridade cidadá. O goberno local convocou este pleno a petición do PP para debater asuntos relacionados con dita cuestión.

As propostas do grupo municipal popular foron rexeitadas cos votos en contra do Grupo Municipal Socialista, a Marea Atlántica e o BNG. Votou a favor o PP e abstívose a concelleira Non Adscrita.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, aportou algúns datos oficiais sobre seguridade nos últimos anos, datos procedentes do Ministerio del Interior. Os roubos con forza en domicilio pasaron de 402 no ano 2014 a 97 no 2021. No caso dos furtos, a cifra baixou de 3.462 no 2014 a 1.621 no 2021. O tráfico de drogas tamén descendeu de 41 a 14 casos entre eses dous anos. O edil lembrou que o Concello ten en marcha un reforzo na seguridade nos barrios en coordinación coa Delegación do Goberno.