Friday 22 de November de 2024

O Concello de Lousame retoma o servizo de alumeado público en Portobravo e Bouciñas, tras os danos causados por vándalos


O Concello de Lousame volverá ofrecer esta noite o servizo de alumeado público nas localidades de Portobravo e Bouciñas, unha vez arranxados os danos producidos na instalación o pasado venres e que deixaron sen servizo público aos veciños e veciñas de ambas as dúas aldeas.

Unhas instalacións que foron vítimas do vandalismo de persoas descoñecidas, cuxos destrozos afectaron especialmente ao cadro de mandos. Unha vez reposto o servizo de alumeado público, o Concello de Lousame porá os feitos en coñecemento das autoridades por se fose posible dar coas persoas culpables dos danos e traslada as súas desculpas aos veciños e veciñas afectados por esta suspensión do alumeado público nunhas datas tan especiais coma as pasadas.