Friday 22 de November de 2024

Gran éxito do Gran Premio Concello de Oroso, que reúne a un total de 96 ciclistas da categoría máster na súa primeira edición


Os ciclistas, federados Máster das modalidades 30, 40 e 50/60, percorreron 64 kms baixo unha continua chuvisca

Un total de 96 ciclistas tomaron parte na primeira edición do Gran Premio Concello de Oroso de ciclismo, organizado polo club ciclista Tambre Bike e polo Concello de Oroso. Unha carreira de ciclismo en ruta de 64 quilómetros consistente en dar 12 voltas a un circuíto sobre asfalto con saída e chegada na rúa da Cultura (Sigüeiro).

O concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey Villaverde, foi o encargado de dar a saída a unha competición federada que se disputou sobre unha continua chuvisca, que non causou ningunha incidencia reseñable pero que restou asistencia por parte da veciñanza con respecto a outras competicións celebradas anteriormente. Aínda así, máis de trescentas persoas animaron a pé de rúa aos ciclistas durante o seu percorrido e moitos máis os seguiron dende as fiestras das súas vivendas.

Dende o Club Ciclista Tambre Bike amósanse moi satisfeitos do resultado desta proba xa que “traballamos arreo durante estes dous últmios meses para tratar de organizar esta carreira coa maior profesionalidade posible. Con todo, seguro que cometimos algúns erros polos que pedimos desculpas”. Ao remate da carreira entregarase a cada participante unha bolsa conmemorativa con algo de avituallamento líquido e sólido. Ademais, terán á súa disposición servizo de duchas e vestiarios no centro deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro.

Dende o club agradecen especialmente a colaboración ofrecida tanto polo Concello de Oroso coo polos patrocinadores e colaboradores desta proba: Bicicletas Oliveira, Restaurante San Cristof, tenda deportiva Equip@t Deportes, Seguros Plus Ultra, Eulogio Viñal Construcciones, Restaurante-Marisquería Mariñaos, Decoracións Rodríguez, Froitería A Horta, Autos Grabanxa, Forestal Rial, Ekaté Moda, XestiSegur, José Veiga Rótulos, Xtream Energy Drinks, Centro Deportivo de Sigüeiro, Policía Local de Oroso, Protección Civil de Oroso e Deputación da Coruña. Entregaranse trofeos e flores tres primeiros clasificados de cada unha das tres modalidades máster, así como un agasallo especial xentileza de Anova Maquinaria, para o campión absoluto da proba.