O alumnado e o persoal da escola infantil A Ceboliña xa dispón dun acceso ás instalacións protexido das inclemencias meteorolóxicas.
O Concello de Miño acaba de instalar unha cuberta que abriga da auga e do vento para incrementar tanto a seguridade como a comodidade na entrada do centro.
Esta intervención encádrase dentro dos proxectos de mellora das instalacións escolares do municipio. Lembramos que o CEIP de Bemantes contará tamén cunha zona de xogos cuberta a través dun investimento de case 30.000 euros.