Friday 22 de November de 2024

Trenor visitou aos alumnos dos cursos AFD na Fundación Laboral da Construcción en Narón e destacou que nesta comarca se están impartindo 70 cursos cun investimento de case 3M€


— Os profesionais interesados teñen ata o 18 de novembro para inscribirse na web www.bonocultura.gal e, entre outros requisitos, deberán estar dados de alta nos grupos e epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) indicados nas bases

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá aos alumnos de dous cursos AFD (Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Desempregados) que iniciaron a súa formación na Fundación Laboral da Construción en Narón. Concretamente, están sendo formados 90 alumnos. Este centro ten concedidos seis cursos e conta para levalos a cabo cunha achega da Xunta de máis de 479.000 euros.

Esta formación están tendo lugar en centros homologados, que poden ser tanto empresas como concellos e entidades sen ánimo de lucro. Trenor sinalou que “a través deste programa a Consellería Consellería de Emprego e Igualdade está investindo na provincia coruñesa máis de 14,5 millóns de euros para impartir 382 cursos”.

Os alumnos que participan nestes cursos tamén teñen dereito, sempre que cumpran uns requisitos, a becas que inclúen transporte, manutención, aloxamento, conciliación e apoio a alumnos vítimas de violencia de xénero ou con necesidades especiais, un programa que vén de saír publicado no Diario Oficial de Galicia (o pasado venres 29 de outubro).

O delegado territorial destacou que na área de Ferrolterra se están impartindo 70 cursos para formar a máis de 1.000 alumnos cun investimento que ascende a case 3 millóns de euros. Este tipo de formación está a celebrarse na súa maioría en empresas e entidades sen ánimo de lucro e oito deles están organizados polos concellos de Ferrol, Narón e Ortigueira. Os organizadores ofertan accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais.

Esta iniciativa ten como obxectivo seguir incrementando a ocupabilidade das persoas sen un traballo, facilitándolles o seu acceso ao mercado laboral, ao tempo que se dota a Galicia dun capital humano máis formado de acordo ás necesidades reais das empresas. A convocatoria destes cursos é plurianual (2021-2022), o que posibilita que se imparta unha formación máis completa e, polo tanto, lógrase unha maior empregabilidade dos alumnos.

Inserción media do 60%
A Xunta continúa impulsando os cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas, Así, nas últimas edicións alcanzouse un grao de inserción de preto do 60% e deles, 2 de cada 3, conseguírono nos seis primeiros meses tras a finalización do curso.

Na selección do alumnado teñen preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.
CURSO AFD COMARCA FERROLTERRA

AFD CONCELLOS FERROL
CONCELLO ENTIDADE ESPECIALIDADE ORZAMENTO
FERROL CONCELLO DE FERROL ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS 38.520,00 €
FERROL CONCELLO DE FERROL ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS 38.520,00 €
FERROL CONCELLO DE FERROL COMPETENCIA MATEMÁTICA N2 13.972,50 €
FERROL CONCELLO DE FERROL COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2 13.972,50 €
FERROL CONCELLO DE FERROL COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2 3.990,00 €
NARÓN CONCELLO DE NARON ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS 38.520,00 €
NARÓN CONCELLO DE NARON ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO 47.605,50 €
ORTIGUEIRA CONCELLO DE ORTIGUEIRA ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS 40.770,00 €
TOTAL 8 235.870,50 €
AFD ENTIDADES FERROL
CONCELLO ENTIDADE ESPECIALIDADE ORZAMENTO
PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ, AS ENSINO, S.L. DESEÑO DE CALDEIRARÍA E ESTRUTURAS METÁLICAS 75.489,00 €
PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ, AS ENSINO, S.L. DESEÑO DE CANALIZACIÓN INDUSTRIAL 54.699,00 €
PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ, AS ENSINO, S.L. COMMUNITY MANAGER, HERRAMIENTAS, ANALÍTICA E INFORMES 10.620,00 €
PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ, AS ENSINO, S.L. POSICIONAMIENTO WEB Y MARKETING DIGITAL EN BUSCADORES 10.620,00 €
PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ, AS ENSINO, S.L. COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS 7.605,00 €
PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ, AS ENSINO, S.L. COMPETENCIAS DIXITAIS AVANZADAS 7.605,00 €
PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ, AS ENSINO, S.L. CMS Y E-COMMERCE 10.620,00 €
FENE IEN POR EUROPA XESTIÓN INTEGRADA DOS RECURSOS HUMANOS 64.740,00 €
FENE IEN POR EUROPA CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS 42.885,00 €
FENE IEN POR EUROPA INGLÉS FINANCEIRO 14.490,00 €
FERROL BARTOMEU LÓPEZ SLU DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB 51.120,00 €
FERROL BARTOMEU LÓPEZ SLU XESTIÓN INTEGRADA DOS RECURSOS HUMANOS 64.740,00 €
FERROL BARTOMEU LÓPEZ SLU DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 33.751,50 €
FERROL BARTOMEU LÓPEZ SLU CONFECCIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB 53.649,00 €
FERROL BARTOMEU LÓPEZ SLU COMPETENCIA MATEMÁTICA N2 13.972,50 €
FERROL CENTRO GALLEGO DE ESTUDIOS IN.FORMATE SL XESTIÓN DE MÁRKETING E COMUNICACIÓN 68.115,00 €
FERROL CENTRO GALLEGO DE ESTUDIOS IN.FORMATE SL XESTIÓN INTEGRADA DOS RECURSOS HUMANOS 64.740,00 €
FERROL CENTRO GALLEGO DE ESTUDIOS IN.FORMATE SL CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS 42.885,00 €
FERROL CENTRO GALLEGO DE ESTUDIOS IN.FORMATE SL DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB 51.120,00 €
FERROL CENTRO GALLEGO DE ESTUDIOS IN.FORMATE SL ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE ALMACÉNS 30.660,00 €
FERROL CENTRO GALLEGO DE ESTUDIOS IN.FORMATE SL ASISTENCIA DOCUMENTAL E DE XESTIÓN EN DESPACHOS E OFICINAS 68.100,00 €
FERROL CENTRO GALLEGO DE ESTUDIOS IN.FORMATE SL ASISTENCIA Á DIRECCIÓN 50.865,00 €
FERROL CENTRO GALLEGO DE ESTUDIOS IN.FORMATE SL DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 33.751,50 €
FERROL CENTRO GALLEGO DE ESTUDIOS IN.FORMATE SL SEGURIDADE INFORMÁTICA 46.962,00 €
FERROL CENTRO GALLEGO DE ESTUDIOS IN.FORMATE SL ATENCIÓN AO CLIENTE, CONSUMIDOR OU USUARIO 41.220,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. ARQUITECTO DE CLOUD 26.910,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. CONFECCIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB 53.649,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. ADMINISTRACIÓN DE BASES DE DATOS 61.812,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. XESTIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS 47.619,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. XESTIÓN DE MÁRKETING E COMUNICACIÓN 68.115,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. ATENCIÓN AO CLIENTE, CONSUMIDOR OU USUARIO 41.220,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 33.751,50 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. INGLÉS A1 15.498,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. INGLÉS A2 15.498,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. PROGRAMACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS 56.664,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS 42.885,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. ASISTENCIA Á DIRECCIÓN 50.865,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. FRANCÉS A1 15.498,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. FRANCÉS A2 15.498,00 €
FERROL THE LONDON INSTITUTE, S.L. PORTUGUÉS A1 15.498,00 €
NARÓN FORGA FABRICACIÓN E MONTAXE DE INSTALACIÓNS DE TUBAXE INDUSTRIAL 59.040,00 €
NARÓN FORGA SOLDADURA OXIGÁS E SOLDADURA MIG/MAG 78.360,00 €
NARÓN FORGA ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS 38.520,00 €
NARÓN FORGA ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO 47.605,50 €
NARÓN FORGA SOLDADURA CON ELÉCTRODO REVESTIDO E TIG 87.960,00 €
NARÓN FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS DE BAIXA TENSIÓN 99.990,00 €
NARÓN FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA SOLDADURA CON ELÉCTRODO REVESTIDO E TIG 87.960,00 €
NARÓN FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA SOLDADURA OXIGÁS E SOLDADURA MIG/MAG 78.360,00 €
NARÓN FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA DESEÑO DE CALDEIRARÍA E ESTRUTURAS METÁLICAS 75.489,00 €
NARÓN FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA DESEÑO DE CANALIZACIÓN INDUSTRIAL 54.699,00 €
NARÓN FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA SOLDADURA OXIGÁS E SOLDADURA MIG/MAG 78.360,00 €
NARÓN GESTIÓN PLUS, SLU SERVICIOS INTEGRALES A EMP. COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2 3.990,00 €
NARÓN GESTIÓN PLUS, SLU SERVICIOS INTEGRALES A EMP. COMPETENCIA MATEMÁTICA N2 13.972,50 €
NARÓN GESTIÓN PLUS, SLU SERVICIOS INTEGRALES A EMP. COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2 13.972,50 €
NARÓN GESTIÓN PLUS, SLU SERVICIOS INTEGRALES A EMP. INGLÉS B1 23.220,00 €
NARÓN GESTIÓN PLUS, SLU SERVICIOS INTEGRALES A EMP. INGLÉS C1 23.220,00 €
NARÓN TELEMATICA GALICIA S.L DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 33.751,50 €
NARÓN TELEMATICA GALICIA S.L OPERACIÓN DE REDES DEPARTAMENTAIS 52.092,00 €
NARÓN TELEMATICA GALICIA S.L SEGURIDADE INFORMÁTICA 46.962,00 €
NARÓN TELEMATICA GALICIA S.L ASISTENCIA DOCUMENTAL E DE XESTIÓN EN DESPACHOS E OFICINAS 68.100,00 €
NARÓN TELEMATICA GALICIA S.L XESTIÓN E CONTROL DO APROVISIONAMENTO 32.700,00 €
NARÓN TELEMATICA GALICIA S.L DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 33.751,50 €
TOTAL 62 2.708.080,50 €
TOTAL AFD CONCELLOS + ENTIDADES FERROL 70   2.943.951,00 €