• A actividade está financiada a través dos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
• A preinscrición debe realizarse no departamento de Educación Familiar.
O Concello de Cariño organiza un obradoiro de haka, que levará a cabo todos os xoves de novembro, de 18:30 a 20 horas, no patio do Colexio de Cariño. Esta actividade está financiada a través dos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade.
A haka é un tipo de danza de loita maorí, é unha demostración feroz do orgullo, a forza e a unidade da tribo. A actividade está orientada para mulleres de todas as idades, así como os nenos e nenas da localidade. A finalidade desta práctica é a de empoderarse a través desta danza, e mostrar todas as habilidades das que dispoñen para afrontar as dificultades que se lles poden presentar.
A preinscrición debe realizarse no departamento de Educación Familiar a través do correo electrónico educacionfamiliar@concellodecarino.gal ou o teléfono 981 420 059.