• As obras de Antonio Fernández permanecerán nas instalacións municipais ata o 10 de decembro.
• Poderanse visitar de luns a venres en horario de 10:00 a 13:30 e de 15:30 a 20:00 horas.
A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación da Coruña, acaba de anunciar a exposición fotográfica ‘Trece luces na nosa costa’, de Antonio Fernández.
O acto de inauguración da mostra realizarase o sábado 6 de novembro ás 19:00 horas no Centro Cívico. As pezas permanecerán expostas desde ese mesmo día ata o 10 de decembro. O horario de visitas será de luns a venres de 10.00 a 13:30 e de 15:30 a 20:00 horas.
A través desta serie de imaxes, Antonio Fernández, mestre xubilado, trata de contar a historia dos faros da Costa da Morte e a evolución da súa función ao longo do anos. O autor conta con seis premios en diferentes certames que poñen de manifesto a calidade do seu traballo.
A concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, anima a toda a veciñanza “a coñecer a historia do noso patrimonio a través dunha colección fotográfica que recolle esa aura especial que rodea os faros da nosa comarca”.