Friday 22 de November de 2024

Carral incorporará a tecnoloxía LED no paseo peonil entre Valiño e Ameás


· O proxecto, financiado con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña, servirá para mellorar as condicións de luminosidade na zona, moi transitada ao longo de todo o ano.

O Concello iniciará, no mes de novembro, as obras para mellorar a iluminación no paseo peonil que une Valiño e Ameás.

O proxecto inclúe, por unha banda, a substitución de 12 luminarias convencionais por outras con tecnoloxía LED. Polo outro, o plan municipal supoñerá a disposición de nove puntos de luz adicionais, así como dun centro de mando co que se regulará a iluminación de toda a zona.

Desde o goberno local sinalan a importancia destes traballos, cos que se mellorarán “ as condicións de luminosidade nesta senda peonil, moi transitada ao longo de todo ou ano, apostando, para iso, por unha tecnoloxía máis respectuosa co medio ambiente”.