Friday 22 de November de 2024

O Concello instala un novo paso de peóns e prazas de aparcadoiro para motos e bicicletas na rúa Santa Catalina


O novo proxecto supón mellorar a mobilidade e a seguridade dos peóns do cruzamento con Durán Loriga e a rúa da Estrela

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico e Mobilidade, informa dos cambios realizados na rúa Santa Catalina, no cruzamento con Durán Lorigae a rúa da Estrela, para mellorar a circulación e o tránsito peonil. O departamento municipal que dirixe Begoña Freire instalou un paso de peóns moi demandado polos cidadáns, así como unaparcabicis -o primeiro na cidade que se sitúa na propia calzada- e un aparcadoiro para motos.
A Concellaría de Mobilidade realizou unha actuación integral de mellora da mobilidade e a visibilidade neste itinerario peonil polo que transitan miles de cidadáns a diario, o que contribúe a un incremento da seguridade dos viandantes. Este novo proxecto incluíu -ademais da creación dun paso de peóns de case 7 metros na prolongación da rúa da Estrela co cruzamento de Durán Loriga e Santa Catalina- importantes melloras na seguridade vial ao eliminarse a barreira visual que existía entre a rúa da Estrela e Santa Catalina grazas á instalación dunha pequena praza para motos delimitada con fitos articulados e a creación do primeiro aparcabicis da cidade que se habilitou na propia calzada e que se encontra protexido por un delimitador que o separa do estacionamento reservado a vehículos. Tamén se fresaron as placas grosas do paso de peóns xa existente en Durán Loriga e repintouse para homoxeneizalo co novo paso de Santa Catalina.
Esta intervención en materia de mobilidade en Santa Catalinasúmase á que xa se está a executar no paso inferior de Alfonso Molina por Pugna e Parga e que tamén se finalizará proximamente. Contará con aparcadoiro para bicis, motos, paso ciclista para conectar barrios Os Mallos e Catro Camiño e con itinerario iluminado con barras led. Trátase dun gran conector entre a zona de Catro Camiños e a Dos mallos e que o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) establece como un dos itinerarios peonís e ciclistas a realizar.
O Concello xa realizou tamén outras actuacións recentemente para mellorar a seguridade vial e que foron diagnosticadas no PMUS, xunto coa participación cidadá., prestando unha especial atención á súa seguridade e comodidade, mellorando o tránsito dos viandantes nos itinerarios peonís e camiños escolares, e eliminando barreiras visuais para favorecer tanto a visibilidade coma a seguridade vial de condutores e peóns.
. Paso de peóns no Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP)Wenceslao Fernández Flórez, na avenida Joaquín Planells, colocando espazo para motos a ambos os dous lados e un sinal vertical led e estando previsto tamén mellorar o paso de peóns deJoaquín Planells e Xeneral Rubín.
. Mellora de visibilidade do tránsito peonil dende e cara a rúa peonil Ángel Senra Nos mallos. Colócanse praza de motos antes de dous pasos de peóns na rúa San Vicente polo que cruzan diariamente gran número de persoas, incluídos nenos xa que se trata de camiño escolar. Ademais aténdese unha demanda de veciños e comerciantes na solicitude de prazas de motos na zona.
. Praza de motos antes do paso de peóns de Marqués de Figueroa, en camiño escolar cara a CEIP Wenceslao, e que conta tamén con sinal luminoso led. Trátase dun itinerario peonil cara á zona da estación de autobuses e zona Del corte Ingles dende Os Mallos.
. Mellora seguridade vial en paso de peóns a continuación da parada de bus do centro de saúde do Ventorrillo. Colócase praza de motos e restrínxese o estacionamento antes do paso nun punto de tránsito peonil, mellorando a visibilidade e polo tanto o campo visual de condutores e peóns, polo que cruzan ademais gran número de persoas maiores.
. Mellora seguridade no paso de peóns de Juan Flórez a División Azul (camiño a CEIP Labaca) ampliando o campo visual. A estratexia seguida para mellorar o campo visual no ámbito dos pasos de peóns tamén aplicouse noutros cruzamentos moi frecuentados como na avenida de Rubine, Alcalde Marchesi, na zona do Agra do Orzán, Monte Alto, Costa da Palloza ou avenida de Rubine.