Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Lousame mellora dos accesos a Abelendo e pavimentación o camiño da Barreira a Guiende, na parroquia de Tállara


O Concello de Lousame vén de investir 30.000 euros na mellora dos accesos á localidade de Abelendo e na pavimentación do camiño da Barreira a Guiende, ambas as dúas na parroquia de Tállara. Unhas obras executadas pola empresa Excavaciones Yoni Tuñas SL ao abeiro do Plan Único de Concellos “POS+ 2021”.

As obras consistiron na mellora dos accesos a Abelendo dende a DP-1105 Boiro-Noia, onde se repararon as fochancas e se melloraron dous treitos con aglomerado en quente, con 75 metros cadrados de sobreanchos. Así mesmo, pavimentáronse outros dous treitos no interior da localidade, previa demolición do chan existente.

Así mesmo, pavimentouse con triplo tratamento asfáltico un camiño de 350 metros que une as localidades da Barreira e Guiende, onde se executou un abanico de 15×5 metros. Así mesmo, o Concello de Lousame está a executar nestes días outra actuación máis na aldea de Guiende, onde se comezou coa demolición do pavimento existente en tres treitos da aldea e onde se procederá ao seu pavimentado con cinco centímetros de zahorra e doce de formigón nunha superficie de 1.035 metros cadrados. Unha obra orzamentada en máis de 20.000 euros e que está sendo executada pola empresa Construcciones y Obras Andújar SL.