Tuesday 03 de December de 2024

A música de Fransy González e Davide Salvado chegará ao Centro Cívico de Malpica o sábado 6 de novembro


• Poderanse reservar asentos de xeito previo a partir do 29 de outubro enviando un correo a auditoriodemalpica@gmail.com indicando nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto.

• Esta actividade está organizada pola Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.

A música de Fransy González e Davide Salvado chegará ao Centro Cívico de Malpica o vindeiro 6 de novembro da man da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.

O evento terá lugar no auditorio das instalacións municipais a partir das 21:00 horas. Poderanse reservar asentos de xeito previo a partir do 29 de outubro enviando un correo electrónico a auditoriodemalpica@gmail.com indicando nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto de cada solicitante.

O aforo máximo será de 150 espectadores e cada persoa solicitante poderá reservar ata catro asentos. Seguirase a normativa sanitaria pertinente, con uso obrigatorio de máscara, desinfección de mans na entrada do recinto e a prohibición de inxerir bebidas ou comida nas instalacións.

Fransy González e Davide Salvado levan décadas colleitando pezas de música tradicional polas aldeas de Galicia e outras comunidades. A través das súas actuacións, estes artistas achegan un legado musical e cultural digno de ser coñecido polos máis novos e lembrado por todas as familias.

A concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, destacou “a riqueza cultural da comarca de Bergantiños e os centenares de familias que contan con verdadeiros tesouros vivos nas súas casas e que a través do traballo de grandes divulgadores como Fransy González e Davide Salvado poden ser coñecidos por todo o mundo”.

Para máis información sobre a actuación está dispoñible o teléfono do departamento de Educación e Cultura no 981 707 104 en horario de 9:00 a 21:00 horas.