Saturday 16 de November de 2024

A Xunta participa na lectura do manifesto con motivo do Día do Dano Cerebral Adquirido


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta mañá á lectura do manifesto con motivo do Día do dano cerebral adquirido que tivo lugar na praza de María Pita, na cidade da Coruña. O acto estivo promovido pola Asociación de Dano Cerebral da Coruña (Adaceco).

O director xeral apuntou que esta xornada é unha oportunidade para reflexionar, dar visibilidade e concienciar sobre a prevención das principais causas do dano cerebral adquirido, como o ictus, e promover a asistencia das persoas con dano cerebral e as súas familias. O evento repetiuse no resto de cidades españolas con representación desta entidade en formato presencial e online.