A BIBLIOTECA ACOLLE UN NOVO CONTACONTOS INFANTIL
Nas vésperas do último xoves de mes, a Biblioteca municipal xa está anotando reservas para asistir ao contacontos para animación á lectura dos máis pequenos. Trinketrinke Teatro volve cos Ratos de Lonxedetodo para contarnos a súa “Viaxe pola Galicia encantada”. Esta actividade está incluída no programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Estas sesións están dirixidas a nenas e nenos de 4 a 8 anos de idade. Para participar deberán reservar convites chamando ás Casa da Cultura (981 672 580). As prazas son limitadas.
‘ADÚ’ É O FILME ESPAÑOL QUE SE PRESENTA ESTE VENRES NO CICLO DA CASA DA CULTURA
Luis Tosar e Anna Castillo protagonizan “Adú”, a película que se proxecta este venres na Casa da Cultura incluída no actual ciclo de cine que está a realizar.
Nun intento desesperado por alcanzar Europa e agochados diante dunha pista de aterraxe en Camerún, un neno de seis anos e a súa irmá maior esperan para coarse nas adegas dun avión. Non demasiado lonxe, un activista ambiental contempla a terrible imaxe dun elefante, morto e sen cabeiros. Non só ten que loitar contra a caza furtiva, senón que tamén terá que reencontrarse cos problemas da súa filla recentemente chegada de España. Miles de quilómetros ao norte, en Melilla, un grupo de gardas civís prepárase para enfrontarse a un gran número de subsaharianos que iniciou o asalto ao valo. Tres historias unidas por un tema central, nas que ningún dos seus protagonistas sabe que os seus destinos están condenados a cruzarse e que as súas vidas xa non volverán ser as mesmas.
As persoas interesadas en gozar da película, terán que reservar previamente as súas entradas no teléfono 981 672 580.
O HUMOR, A ARTE E A IMPROVISACIÓN CHEGA AO CICLO DE TEATRO CON ‘COLECCIONISTAS’
O programa de Teatro de Outono de Carral presenta esta semana a Marcos Pereiro, Santi Romay e Tito Rober nun obra moi especial. Ainé presenta ‘Coleccionistas’, unha comedia didáctica, unha clase de arte chea de humor, un espectáculo teatral participativo, unha auténtica homenaxe á improvisación.
A función será en Tabeaio ás 20:30 h. Coma sempre é necesario reservar entradas chamando ao 981 672 580. O aforo é limitado.