O concelleiro de Seguridade Cidadana, Juan Ignacio Borrego, entregou esta tarde no parque de bombeiros unhas distincións conmemorativas polo traballo realizado durante a pandemia polo servizo de bombeiros da Coruña. Un centenar de traballadores foron homenaxeados. Achegamos fotografías do acto.