O Concello de Touro xa ten programadas as actividades que se celebrarán ao longo desta semana para que os máis pequenos participen no Samaín. O Concello de Touro lembra que é unha das datas sinaladas no calendario, “onde os misterios e os sorrisos van da mán”. As actividades programadas polo Concello de Touro comenzan mañá martes, 26 de outubro, cun obradoiro para principiantes adicado á moda outono-inverno. Leva por título ‘Mestrado da costura’ e comenzará a partir das 17.00 horas na Casa da Cultura. Xa o xoves, día 28 de outubro, está previsto o ‘Masterchef de medo’. Á mesma hora e no mesmo lugar. E o domingo, día 31 de outubro, está prevista a actividade da ‘Casa do Terror’. Será unha xuntanza na Casa da Cultura, onde as máscaras e as distancias de seguridade non serán impedimento para gozar da música nesta gran noite de Samaín. Os obradoiros adáptanse ás esixencias marcadas pola pandemia do Covid19.
Articulos relacionados
Aberto o prazo de inscrición para a xornada sobre mobilización e coidado das persoas dependentes que se celebrará o 23 de abril
abril 8, 2026 Comments are off 0 visitas
A actividade encádrase no ciclo Máis movemento, máis vida! Tralo éxito da sesión celebrada o ...
O Concello impulsa un campamento de ocio, programación e robótica para os mozos e mozas
junio 6, 2022 Comments are off 0 visitas
• Hoxe, 6 de xuño, comeza o prazo de inscrición para unha actividade que se ...
O Concello de Frades incrementa en 9.000 euros as axudas ás entidades sen ánimo de lucro do municipio
julio 27, 2022 Comments are off 0 visitas
O Concello de Frades vén de aprobar a concesión de 45.215 euros en axudas económicas ...
