O alcalde, José Antonio Santiso, a concelleira de Sanidade, Laura Calvo, e persoal de Servizos Sociais acudiron ao domicilio da veciña, no lugar de San Marcos.
Cumprir anos é sempre motivo de felicidade, pero cumprir 100 anos e facelo coa enerxía e a vitalidade de María Dolores Suárez vale por dúas. O alcalde, José Antonio Santiso, a concelleira de Sanidade, Laura Calvo, e persoal de Servizos Sociais desprazáronse, esta mañá, ao domicilio da veciña, no lugar de San Marcos. Durante a visita, felicitaron persoalmente á muller entregándolle un ramo de flores e unha placa conmemorativa.
Aos seus 100 anos, María Dolores ten claro cal a fórmula secreta para chegar a esta cifra: “ traballar moito, vos que están sentados e non fan nada non chegan a lestes anos”. Dando bo exemplo diso, Lola, como todos coñécena, mantén a súa mente e corpo activos a través da realización de crucigramas e do traballo da terra, respectivamente: “ traballei a terra toda a miña vida. Meu pai morreu cando eu era unha meniña e tiven que traballar de nova, primeiro coas vacas e despois non campo. Hoxe aínda cultivo algúns repolos e pementos”, recoñece a muller. María Dolores é, ademais, unha gran afeccionada ás sopas de letras, un exercicio que lle permite ter a mente áxil. Antes da pandemia, a veciña de San Marcos adoitaba participar tamén nos talleres de memoria organizados polo Concello e era “unha alumna avantaxada”, tal e como indica o persoal de Servizos Sociais.
Durante a visita, o rexedor e a concelleira felicitaron á muller polo seu centenario, desexando por facelo moitos anos máis.