Entradas de balde en www.bandoticket.com
A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 31 de outubro, ás 19:00 horas, a obra de teatro “DEP, unha comedia de morte”, a cargo de Malasombra Produccións. Un espectáculo totalmente gratuíto pero con aforo limitado, polo que as persoas interesadas en acudir deben reservar a súa entrada en www.bandoticket.com.
Escrita por Pep Antón Gómez e Jordi Sánchez, e dirixida por Marcos Osi, “DEP, unha comedia de morte” conseguiu o Premio Vigocultura de 2019 e Premio do Público “Mostra de Teatro de Malpica” 2018. Jouse García e Xoque Carbajal porán en escena a historia dunha nai con moitos anos, enferma pero con moi poucas gañas de morrer, fronte a un elenco de personaxes que deciden “axudala” dándolle “un empuxonciño”. Unha divertida comedia de humor negro.
Esta actuación está organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña, Agadic e Escena Galega.