A concellaría de Medio Ambiente iniciará mañá luns 25 de outubro os traballos para o levantamento da duna que protexerá o paseo marítimo e os viais dos temporais.
Como cada ano, o Concello preparará o arenal co obxectivo de que a duna estea lista de cara ao inverno. A barreira terá unha lonxitude de 2,5 metros de altura respecto á base do paseo para permitir aos cidadáns seguir vendo o mar.
A concesionaria da limpieza será a encargada dos traballos que, en función da metereoloxía, poderán estar finalizados esta mesma semana.